Inicio

O establecemento hostaleiro de Juan Fernández repite por segundo ano consecutivo como gañador dos premios RateBeer Best, que outorga o portal máis prestixioso desta bebida a nivel mundial.

Cada ano a entidade outorga este premio ás cervexerías e establecementos de cervexa mellor valorados polos seus usuarios e nesta ocasión o establecemento situado no número 47 da céntrica rúa Galera da Coruña acadou o primeiro posto na categoría de “Restaurante” en España . Do mesmo xeito, sitúanse como líderes a nivel peninsular e como sétimos no ranking mundial.

Fonte: Quincemil